Repertorio da prensa da emigración galega

----

Parolar de Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Barcelona
Inicio:
1995
Dirección
Ramón Rey Nóvoa;
Colaboración
José Rodríguez Arias; Masito Beiro; Mónica Taboada; Ramón Clemente; Manolo Piñeiro;
Secretaría
Ramón Rey;
Xefatura de redacción
María Ferreiro;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Predominio do castelán. Só algún artigo e saúdo en galego
Formato:
30 x 21 cm.
Extensión:
72 páxinas
Prezo:
500 pesetas
Redacción:
Isard, 5. Barcelona
Imprenta:
Gráficas Rafael, Campeny, 25. Barcelona.
Contido:
Esta revista informa sobre todo dos traballos no eido deportivo que leva a cabo a sociedade editora. Pero tamén contén artigos dedicados a diversos aspectos da vida e da cultura galegas: gastronomía, turismo, arte, festas, historia, etc. así como traballos sobre galegos residentes en Cataluña. Publícase anualmente con motivo das festas de San Froilán de Lugo, ofrecendo información sobre as mesmas e o programa realizado pola asociación con tal motivo.
Observacións:
A partir de 2010 esta revista pasa a ser publicada pola Asociación Cultural Amigos de San Froilán, mantendo os mesmos contidos.
Ilustracións:
Abundantes fotografías, retratos e paisaxes de Galicia.
Publicidade:
Moi abundante, cerca de 50 páxinas están destinadas á publicidade. A maioría dos anuncios son de casas comerciais e hostaleiras. Tamén inclúe propaganda de bancos e casas de seguros.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1995: n.º 1
2000: n.º 6
2001: n.º 7
2004: n.º 10
2010: n.º 16
2011: n.º 17