Subtítulo:
Labouras patrióticas e culturales da coleitividade galega de Bos Aires e das de outros países
Prezo:
Distribuída gratuitamente en Galicia e nas colectividades de emigrantes
Redacción:
Belgrano, 2186. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación informativa das actividades patrióticas e culturais realizadas en Bos Aires anualmente. O número de 1950 está dedicado á memoria de Castelao, morto ese ano, e a maior parte da revista dá conta das homenaxes e outros actos organizados na súa honra polas colectividades galegas. O resto da publicación informa do labor cultural promovido polas sociedades galegas en Arxentina e noutros países.
Ilustracións:
Só inclúe unha foto de Castelao no Centro Orensano de Bos Aires, que é a súa derradeira imaxe con vida.
Números consultados:
1950: II
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1951: n.º 2