Idioma:
Castelán, francés e inglés son utilizados nunha proporción similar.
Redacción:
Mayor, 12. Madrid
Imprenta:
Madrid. Madrid.
Contido:
Prensa de información cultural, económica e comercial que ten como obxectivo primordial o fomento dos intereses rexionais e a difusión do turismo. Na revista abundan as reportaxes gráficas que dan conta da riqueza artística, histórica, comercial, industrial e agrícola das distintas provincias de Galicia e Asturias.
Ilustracións:
Numerosas fotografías entre as que destacan as que reproducen elementos artísticos (arquitectura civil e relixiosa) e paisaxes galegas e asturianas. Cabe sinalar a presenza de fotografías das áreas de industralización de ambas as dúas Comunidades.
Publicidade:
Abundante e localizada en maior proporción ao principio e final de cada número. Predominan os anuncios de establecementos comerciais e hostaleiros, de bancos e de empresas de explotación mineira e madereira.
Números consultados:
1929: novembro