Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Casa de Galicia en Córdoba

Entidade editora:
Lugar:
Córdoba [nac. España]
Inicio:
1988
Coordinación
Carlos Domínguez Conde;
Redacción
Antonia Jiménez; Dora Rodríguez; Elvira Rodríguez; Loli Vázquez; María de Gracia Gutiérrez; María Luisa González; Ramón Castroagudín;
Periodicidade:
Irregular. Na segunda época é anual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego.
Formato:
29,5 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 42 e 76 páxinas
Redacción:
Eduardo Lucena, 5. Córdoba [nac. España]
Imprenta:
Córdoba [nac. España]. Andalucía.
Contido:
Publicación societaria que pretende achegar as novas da entidade e informacións de interese aos seus integrantes. Inclúe os estatutos da entidade, crónicas das súas actividades, información sobre axudas institucionais, viaxes, excursións, convocatorias da Xunta de Galicia etc. Tamén contén artigos sobre Galicia e entrevistas a persoas de orixe galega que destacan en distintos ámbitos.
Ilustracións:
Abundantes. Ilustran reportaxes, entrevistas, artigos diversos e pasatempos. Fotografías e debuxos de personaxes ilustres, paisaxes, actos sociais da entidade etc.
Publicidade:
Aparece no reverso da cuberta, páxinas centrais e contracuberta. Ten anuncios de carácter permanente de establecementos comerciais, hostaleiros, de academias e bancos.
Relacionadas:
Casa de Galicia en Córdoba. 1992 (Outro voceiro social da Casa de Galicia de Córdoba.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1988: n.º 0
1989: n.º 1-3
1991: n.º 4, 5
2ª Época
2000: n.º 1
2002: n.º 3
2003: n.º 4
2004: n.º 5
2005: n.º 6
2006: n.º 7
2007: n.º 8
2010: n.º 11