Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Grupo Cultural Galego

Entidade editora:
Lugar:
Barakaldo
Inicio:
1979
Idioma:
Galego
Formato:
21 x 15 cm
Extensión:
Variable, entre 5 e 9
Prezo:
Pídese a colaboración económica do lector, pero non aparece prezo
Redacción:
Barakaldo. Biscaia
Imprenta:
Barakaldo. Biscaia.
Contido:
Revista de orientación nacionalista, na que o colectivo Xerfa, que se autodefine como "un fato de emigrantes galegos que olla o desamparo no que se atopa a nosa cultura", aborda a través de reflexións, comentarios e opinións abertas a política que se está a desenvolver en Galicia e as súas repercusións sociais e económicas. Tamén trata diversos aspectos da cultura galega, centrándose principalmente no campo literario: notas biográficas de escritores galegos, poesías e relatos. Por último, informa das distintas actividades que se desenvolven nas entidades asociativas da colectividade galega en Biscaia.
Observacións:
Presenta un formato de follas fotocopiadas e grampadas
Ilustracións:
Non ten, agás debuxos na tapa da publicación
Publicidade:
Non ten