Subtítulo:
Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos
Lema:
Que a eufonía distas rimas renda beizós para Galicia
Dirección
Alfonso Gayoso Frías;
Administración
Alfonso Gayoso Frías;
Colaboración
Alfonso Gayoso Frías; Celso Emilio Ferreiro; Emilio González López; Uxío Novoneyra; Xohana Torres; Xosé Neira Vilas; Ben-Cho-Shey;
Idioma:
Predominio do galego sobre o castelán
Notas:
Na cuberta aparece como subtítulo Rimas y Glosas de la Poesía Gallega
Redacción:
Venezuela, 1016. Bos Aires
Imprenta:
Imprenta "Los Celtas", Piedras, 1835. Bos Aires.
Contido:
Publicación literaria que pretende ser o "pregón e glosario da nosa poesía". A revista inclúe maioritariamente poesías e artigos sobre personaxes destacados nos eidos da literatura e da arte. Tamén contén noticias breves de distinta índole como as actividades de sociedades galegas, conmemoracións, premios, accións filantrópicas dalgún emigrante etc.
Observacións:
Na cuberta aparece como subtítulo Rimas y Glosas de la Poesía Gallega
Ilustracións:
Escasas. Aparece algunha reprodución artística e retratos
Publicidade:
Escasa e localizada ao principio e final de cada número. Aparece propaganda de establecementos comerciais, flotas de navegación, axencias de viaxes e da sociedade Hogar Gallego para Ancianos
Números consultados:
1958: n.º 1
1959: n.º 2