RESUMO

A muller e a loita
n. 2 ( 1971)

A portada, a modo de editorial presenta un poema en galego asinado por unha “compañeira” que chama ás mulleres a se implicar na loita e rachar coas cadeas. Nas súas páxinas recolle un estudo sobre o perigo que representan as bases americanas no territorio español, diversas referencias a ETA e o xuízo de Burgos, un texto breve para apoiar a loita de Ángela Davis e os Panteras Negras, críticas a lei de educación e a falta de gratuidade no ensino, conflitos, crise ou saúde laboral en empresas de Vigo, as malas condicións de traballo asociadas á emigración e un manifesto das empregadas do fogar. Inclúe ademais un apartado con novas breves no que se denuncia a creación dun grupo radical fascista, e dáse conta das accións realizadas por mulleres en diferentes puntos do estado relacionadas co apoio a presos, a amnistía ou a carestía da vida.