RESUMO

A muller e a loita
n. 7 ( 1972)

A portada reproduce uns versos de Manuel María dedicados ás mulleres galegas. No editorial discútese a división do traballo en función do sexo e sinálanse as dificultades que as mulleres afrontan ao se incorporaren ao mercado laboral por mor das cargas familiares. Nos artigos abórdanse os conflitos laborais e a denuncia das accións policiais en relación ao asasinato dun estudante en Compostela, os maos tratos a traballadores detidos e aos presos. Na sección “Mujeres en la calle”, fanse chamamentos para que elas se unan ás loitas da clase obreira, deféndese a resistencia fiscal como forma de loita, dan conta de accións reivindicativas protagonizadas por mulleres dentro e fóra de Galicia, demorándose nas que aconteceron en Compostela e as que protagonizaron as mariscadoras en dúas praias do Morrazo.