RESUMO

A muller e a loita
n. "A muller diante as eleccións" ( 1976)

O especial de 38 páxinas ábrese cun artigo no que se explican as razóns da existencia do MDM. En “A muller en Galicia” recóllense artigos sobre a situación das traballadoras no agro e no mar, subliñando que a paridade de feito non dota de recoñecemento o labor das mulleres. Tamén se abordan o matrimonio, a familia e o aborto, así como o ensino e a lexislación vixente que discrimina ás mulleres. Outros artigos falan da necesidade dunha constitución democrática e faise un chamamento para que as cidadás participen na vida política e vaian votar. Ao remate aparece o programa reivindicativo do MDM que se vai a enviar a todos os partidos políticos.