RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 01 ( 12/ 1991)

O editorial presenta a nova xeira de Andaina. As primeiras páxinas inclúen notas sobre violencia sexista, maternidade, aborto, roles de xénero ou lesbofobia. O dossier “Dependencias afectivas” ocúpase dos mecanismos de subordinación interiorizados, como o amor romántico ou o complexo de Cinsenta, e do lugar das comunidades de elección no empoderamendo das mulleres. “Perfís” dedícase á Asociación de Mulleres A Lagoa. Inclúe unha entrevista con Luma Gómez, artigos sobre as estibadoras, a escola mixta e Virginia Woolf no centenario do seu pasamento. Na sección de crítica saliéntanse publicacións sobre a prostitución. Ilustracións de Tamara de Lempicka, Aurichu Pereira, e banda deseñada de Beto Hernández.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Laura Gómez