RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 02 ( 3/ 1992)

O editorial fala da folga como medida efectiva de defensa laboral, a prostitución e a violencia contra as mulleres. Nas notas breves saliéntase que a píldora anticonceptiva cumpre trinta anos e trátanse casos de racismo, homofobia, aborto, abusos médicos e policiais. O dossier “Muller e poder, o poder das mulleres” centra esta cuestión nas institucións e administracións públicas e inclúe entrevistas ás políticas galegas Ana Gandón, Fernanda Pardo,María Pilar García Negro e María Xosé Porteiro. Recolle artigos sobre a muller xitana, a anticoncepción na adolescencia, a muller en relación á SIDA e unha entrevista a Aurora Marco. “Perfís” dedícase ao Colectivo de Mulleres Ensinantes do Rosa ao Violeta e a contraportada a Clara Schumann. Ilustracións de Forges, Aurichu Pereira, Mari Quintero, Diane Arbus e Maika Gómez Novoa.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Vitoria Iglesias
Anabel Álvarez
Enma Abellá