RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 03 ( 7/ 1992)

O editorial ocúpase da reconversión industrial e a violación. As notas breves recollen casos de sexismo no ámbito relixioso e laboral, aborto, dereitos das crianzas ou SIDA. O dossier “Demografía” analiza mapas de crecemento demográfico, indicadores da fame no mundo, o ascenso social das mulleres en relación ao número de fillos e as políticas natalistas. Inclúe artigos sobre as traballadoras de Pescanova, a crise do agro, o lesbianismo, as accións feministas en Galicia e unha entrevista a Marina Mayoral. “Perfís” dedícase á Plataforma de Nais en Acción e a contraportada á actriz Margarita Xirgu. Ilustracións de Maika Novoa, Man Ray, Enma Abella e Mada Carballeira, entre outras.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Vitoria Iglesias
Anabel Álvarez
Enma Abellá