RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 05 ( 4/ 1993)

O editorial ocúpase do 8 de marzo e a presenza das mulleres nos xornais. As notas breves recollen casos de sexismo na linguaxe, subvencións a grupos feministas, relixión e sexualidade, globalización, violencia obstétrica e homofobia. O dossier “Traballo doméstico” fai fincapé na falta de recoñecemento, nos atrancos na conciliación e as consecuencias dunha hipotética folga das mulleres. Inclúe artigos sobre o Plan de Igualdade de Oportunidades, a presenza das mulleres na administración autonómica e unha entrevista á xornalista Emilia Seoane Rodríguez. Elvira Souto comeza as súas colaboracións como crítica literaria, que callarán nunha sección propia, “Escrita bi-sensual”, nos números 6 a 11. “Perfís” céntrase na Escola de Mulleres Simone de Beauvoir, a sección “Recuperar a memoria” en Áurea Lorenzo Abeijón e a contraportada en Frida Khalo. As ilustracións son de Bill Jacklin, Fernando Botero e Mada Carballeira.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Anabel Álvarez
Enma Abellá