RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 06 ( 7/ 1993)

O editorial ofrece unha análise sobre o subdesenvolvemento. Nas notas breves documéntanse casos de sexismo laboral e policial, e trátanse cuestións relativas á homosexualidade, a transexualidade, o feminismo institucional, a insubmisión e o movemento pacificista Mulleres de Negro. O dossier “Maternidade” revisa o concepto desde o punto de vista da experiencia, o desexo, a tecnoloxía e a acción social, facendo fincapé no caso das Nais da Praza de Maio. Inclúe artigos sobre menopausia, a revista Festa da Palabra Silenciada, a teoloxía feminista e unha entrevista a Lidia Senra. “Perfís” ocúpase da Asamblea de Mulleres de Arousa, “Recuperar a memoria” da mestra e escritora Hipólita Muíño e a contraportada de Concepción Arenal. As ilustracións son de María Antonia Dans, Maika Gómez Novoa, David Camelman, Manuel Torres, Paula Modersohn-Becker e Käthe Kollwitz.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra