RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 07 ( 12/ 1993)

O editorial comenta o Premio Nobel de Literatura concedido a Toni Morrison. As notas breves recollen casos de violación, mulleres no franquismo, abusos dos corpos policiais, institucións penitenciarias, sistema de cotas nos partidos políticos, racismo, SIDA, lesbianismo. O dossier “Publicidade” analiza a recorrencia e naturalización do sexismo e o corpo nu nas campañas e comerciais. Inclúe artigos sobre mercado laboral, antropoloxía da muller en Galicia, e unha entrevista á actriz Lola Herrera. “Perfís” ocúpase da Asociación de Mulleres Rurais Urdilde, “Recuperar a memoria” presenta a primeira entrega das mulleres na música e a contraportada rescata a bailarina Isadora Duncan. As ilustracións son de Alphonse Mucha, Tino Viz, Maruxa Mallo, Salvador Dalí, e complétase coa reprodución de numerosas mostras de publicidade sexista.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez