RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 08 ( 4/ 1994)

O editorial dá conta dos últimos avances e debates do feminismo. As notas breves ocúpanse das políticas sobre familia e violencia, bioética, moral sexual, animalismo, publicidade, corrupción, subdesenvolvemento e as xornadas feministas Juntas y a por todas. O dossier “Reflexións, teorías” recolle colaboracións de Rosa Cobo, Paloma Uría, Nanina Santos e María Xosé Agra. O número inclúe artigos sobre un proxecto de saúde mental para as mulleres do Salvador, a realidade social de Chiapas, o cancro de mama, un achegamento á creadora Patrícia Galvão e unha entrevista á actriz Teté Delgado. “Perfís” dedícase á Vocalía da Muller da Asociación Veciñal de Lavadores (Vigo), “Recuperar a memoria” á segunda parte das mulleres na música e a contraportada a Federica Montseny. Presenta, entre outras, ilustracións de, Phillippe Halsam e Francisco Pradilla.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez