RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 09 ( 7/ 1994)

O editorial céntrase nos dereitos de lesbianas e gais co gallo do 28 de xuño. Nas notas breves abórdase a democracia paritaria, a pobreza, os xeriátricos, o divorcio, a transfobia, o hermafroditismo, o fascismo na escola, e os programas de desenvolvemento da ONU. As xornadas celebradas en Madrid en decembro de 1993, que significaron unha apertura do feminismo cara á transexualidade, dan título ao dossier, “Xuntas e a por todas”, que conta con textos de Cristina Garaizábal, María Ángeles Marqueño, a Secretaría da Muller de CC.OO., a Comisión Anti-Agresiones de Madrid, AEDENAT e grupos de teoloxía feminista. O número inclúe artigos sobre Leonora Carrington e unha entrevista a Purificación Rodríguez López, xefa de estación de trens. “Perfís” vai dedicado á Escola Feminista de Autodefensa, “Recuperar a memoria” ás mulleres na sociedade Amigos da Paisaxe Galega e a contraportada á tenista Lilí Álvarez. As ilustracións son de Marcela Santorum, Gelo, Mada Carballeira, Tamara de Lempicka, entre outras.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez