RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 10 ( 12/ 1994)

O editorial ocúpase das mulleres na política. Nas notas breves abórdase o amor lésbico, a homofobia, a inseminación artificial, o traballo doméstico, o acoso sexual, a privatización dos servizos públicos, os dereitos das labregas, o infanticidio e a moda. O dossier “Coeducación, de que vas?” inclúe achegas sobre os afectos, a igualdade, a discriminación de xénero, o xogo, a literatura non sexista e a linguaxe inclusiva. Presenta tamén artigos centrados na resolución do Parlamento Europeo encol da Igualdade de Dereitos de Homosexuais e Lesbianas, así como no Ano Internacional da Familia e a Conferencia do Cairo. Complétase con entrevistas a Ana Baños, coordinadora da campaña do 0’7%, e a Chini, teóloga feminista. “Perfís” ocúpase da Asamblea de Mulleres de Galiza Nova, e a contraportada da exploradora Mary Kingsley. Ademais reproduce unha viñeta de Nuria Pompeya.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Tareixa Navaza
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez