RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 12 ( 7/ 1995)

O editorial, co título “Soños, mentiras e verdades”, aborda a manipulación informativa nos meses de verán para ocultar as guerras activas en lugares como Bosnia, Chechenia, Zaire ou Arxelia. Nas notas breves dáse conta de mulleres galardoadas en Galicia, corrupción, narcotráfico, eutanasia, xenofobia, ecoloxía, ablación, prostitución e SIDA. O dossier “De sexo” trata sobre a diferenza sexual como marca cultural, a SIDA nas mulleres, a transexualidade como acicate para o pensamento feminista, e un servizo para a saúde sexual e reprodutiva. Aparece un artigo sobre mulleres e saberes co gallo da XII Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e xénero”. Inclúese ademais textos sobre linguaxe sexista, segregación na escola e unha entrevista a Remedios García. “Perfís” ocúpase da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego e a contraportada de Patricia Highsmith. As ilustracións son de Annie Leibovicz, Tamara de Lempicka e Edward Burne.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez