RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 13 ( 10/ 1995)

O editorial analiza a IV Conferencia Mundial sobre a Muller e o Foro Alternativo de Beijing, tema ao que tamén se dedica o dossier titulado “De México a Pekín 1975-1995”, con artigos de Nanina Santos, Eduardo del Río, Willy Lohmann, María del Pilar García Negro e Susana Romero. As notas breves tratan casos de violencia sexista, racismo, homofobia, ecoloxía, sexualidade, violación da intimidade, ciberpedofilia, pacifismo, moda, salarios públicos e asistencia económica ás viúvas. Carme Lado abre un espazo propio como crítica literaria, que callará nunha sección denominada “A creación, a beleza e a fascinación pola literatura” nos números 14 a 19. Este número inclúe artigos sobre Carme Riera, Elvira Santiso, e unha entrevista á dramaturga Ana Vallés. “Perfís” ocúpase das Mulheres Nacionalistas Galegas e a contraportada da escultora Camille Claudel.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Silvia Viqueira