RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 14 ( 4/ 1996)

O editorial trata do 8 de marzo e das cotas nos partidos políticos. Nas notas breves coméntanse casos de mulleres e liderado, embarazos na adolescencia, erotismo, drogas, transfobia, prostitución, matrimonio, discriminación laboral nas mineiras e cancro de mama. O dossier “Tempo e espacio na vida das mulleres” inclúe textos de Teresa del Valle, María Dolores García Ramón, Soledad Murillo, Marta Román e Trini Simón sobre xeografía de xénero, os perigos de asimilar privado e doméstico, o espazo cotián ou a organización do tempo nas sociedades occidentais. Este número conta ademais con artigos sobre sexismo na publicidade, o traballo doméstico, a escola franquista, o colectivo de historiadoras María Castaña e unha entrevista á prostituta Laura Merrit. “Perfís” ocúpase de Xanela, Comisión da Muller do Ateneo de Redondela, e a contraportada da soprano Ofelia Nieto. Aparecen, entre outras, ilustracións de Maika Gómez Novoa.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Silvia Viqueira