RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 15 ( 7/ 1996)

O editorial céntrase no 28 de xuño, o corpo e a estética. Nas notas breves fanse referencias a Tina Turner, Pura Vázquez, a Organización da Muller Mozambiqueña, a ablación, o aborto, a trata de mulleres, a transfobia, o Partido Feminista nas eleccións europeas, a moda, as parellas de feito, e as homenaxes ás primeiras universitarias galegas e ás mulleres da II República española. O dossier “Literatura. Ai, que debilidade!” aborda cuestións de representación, autoría, xénero literarios, os clubes de lectura, e péchase con textos de creación de Pilar Barral, Ana Arellano e Igor Lugrís a partir dun título común “Como un parvo nunha botella”. Inclúe a declaración final das Jornades 20 Anys de Feminisme a Catalunya celebradas en Montjuic (Barcelona) do 24 ao 26 de maio, e artigos sobre as compositoras, as mulleres en Dinamarca ou a educación de persoas adultas. “Perfís” ocúpase da Asociación de Mulleres de Pescadores Rosa dos Ventos e a contraportada de Lou Andreas Salomé. Aparecen, entre outras, ilustracións de Matisse.

Dirección:
Ana Arellano

Consello de redacción:
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Nine Paz