RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 16 ( 12/ 1996)

O editorial analiza internet, os logros do feminismo en occidente e as Brigadas Internacionais.
Nas notas breves fanse comentarios sobre a castración para violadores, o aborto, a fecundación e a embrioloxía, o cibersexo, o amor romántico, a tortura, a transfobia, a SIDA, as Nais da Praza de Maio, as mulleres rurais, o integrismo islámico, as asociacións de amas de casa e o subdesenvolvemento. O dossier “Lazos e trazos da familia” aborda esta institución dunha maneira plural e fai fincapé nas unións de feito, as familias de acollida, e os modelos tradicionais en Centroamérica. Inclúe artigos sobre a atleta Ester Pedrosa Carrete, comunicación, pornografía infantil e pedofilia, o III Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres celebrado en Vigo do 4 ao 6 de outubro e a I Guerra Mundial. “Perfís” ocúpase da Asociación de Mulleres Lúdicas de Santiago (AMULUS) e a contraportada da intelectual María de Maeztu.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Nine Paz