RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 17 ( 5/ 1997)

O editorial, e mais un artigo deste número, falan do rexistro de unións libres proposto polo Concello de Cambre. Nas notas breves coméntanse casos de violencia sexista recorrente, discriminación no mundo da música, moda, relixión, prevaricación e as aventureiras na Antártida. O dossier “Quen se apunta ao feminismo?” céntrase en particular na mocidade, a sexualidade e o feminismo. Nos artigos analízase unha sentencia sobre violación e inclúese un estudo antropolóxico sobre o bico. “Perfís” ocúpase da Asociación de Mulleres Andanza e a contraportada da actriz María Casares. Aparecen, entre outras, ilustracións de Forges.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Nine Paz