RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 18 ( 9/ 1997)

As mulleres e o traballo remunerado é o tema que se trata no editorial. Nas notas breves tócanse temas como a lei de paridade, ecoloxía, viaxeiras, misoxinia, subvención aos medios de comunicación, orgullo e matrimonio gai. Ademais, fálase do Congreso Internacional Muller e Desenvolvemento Rural e saliéntanse os recoñecementos á astrofísica Pilar Ruiz-Lapuente e ás académicas da RAG Luz Pozo Garza e Olga Gallego. O dossier “Ciencia en feminino” analiza a visibilidade e autoridade das mulleres nos saberes científicos e tecnolóxicos e mais o legado de Hipatia. O número inclúe artigos sobre mulleres na música, igualdade de dereitos, publicidade, saúde, emancipación e unha entrevista a Mercedes Santos Castroviejo, cooperante en Angola. “Perfís” ocúpase das Feministas Independentes Galegas (FIGA) e a contraportada a bandoleira e política socialista india Phoolan Devi.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Nine Paz