RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 20 ( 5/ 1998)

O editorial analiza a apropiación da axenda feminista por parte do denominado feminismo institucional. Nas notas breves fálase da atleta Pilar Barreiro Senra, a bailarina Galina Ulanova, a concesión do premio Sajarov a Salima Ghezali, e abórdanse casos de relacións interxeracionais, homes maltratados, racismo, traballo na infancia, paro, morte, costureiras e tráfico de mulleres. O dossier “Quen lle pon saias ao agro?” inclúe unha entrevista ás labregas de Cesuras, testemuños sobre a emigración feminina do rural e o estatus xurídico da muller do agro. Inclúense artigos arredor do 8 de marzo, as eleccións ao Parlamento de Galicia, as revistas feministas do Estado español e a traxectoria da revista Andaina. “Perfís” ocúpase da Asociación de Mulleres Empresarias e Profesionais e a contraportada salienta á política Margarita Nelken.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez