RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 21 ( 7/ 1998)

O editorial ocúpase das mulleres en situación de guerra e subdesenvolvemento. As notas breves abordan a violación da intimidade, o deporte, o outing nos medios de comunicación, as agresións sexistas, a reprodución, a viagra, a prostitución e a publicidade ambigua. Tamén se fala de Nicolasa Quintremán, activista do pobo peruenche fronte as multinacionais eléctricas, e dos galardóns concedidos á cantante Cesária Évora e a científica Amparo Alonso. O dossier “Miradas tralo veo” analiza a situación das mulleres en Alxeria, o Sáhara, Afganistán e Irak.
Inclúense, ademais, artigos sobre o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional concedido a sete mulleres, o asasinato do cantante e activista amazigh Matub Lunès, a fotógrafa Ruth Matilda Anderson, e unha entrevista á cantante e actriz Maruja Calvo y Valdés. A contraportada recupera á dramaturga María Lejárraga. Aparecen, entre outras, ilustracións de A. Panaro.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Laura Gómez