RESUMO

Andaina
2ª época 1ª xeira ep. n. 22 ( 10/ 1998)

O editorial céntrase nas mulleres e o cambio social. Nas notas breves trátase da invasión de Irak, matrimonio para gais e lesbianas, transexualidade, emigración, represión policial, subvencións a ONG, xoguetes e tortura, e aparecen mencións á militante feminista Ruth Dreyfuss, e ao cincuentenario de O segundo sexo de Simone de Beauvoir. O dossier “Dereitos? humanos??” leva a debate este tema desde a perspectiva das mulleres con textos de Nanina Santos Castroviejo, Ana Sánchez Bello, Susana Chiarotti e Inés Fernández. Complétase cun artigo sobre as campañas do Servizo Galego de Igualdade e as habituais críticas de libros, cinema e música. A contraportada dedícaselle á filósofa Hannah Arendt. Inclúe, entre outras, ilustracións de Regueira, Hulton Getty, Castelao, Sebastião Salgado e Josep Renau.

Consello de redacción:
Ana Arellano
Nanina Santos Castroviejo
Berta Rey
Milagros Becerra
Felicia Estévez
Laura Gómez