RESUMO

Enboga
n. 1 ( 10/ 1999)

O editorial de presentación da revista fai un chamamento a colaboracións. Inclúense novas sobre as accións da propia organización, agresións, organizacións lésbicas e gais, campañas e actividades de lecer. Rexéitase, por terxiversadora, unha entrevista feita e publicada por revista GAM a BOGA e, nun artigo de opinión, denúnciase a lesbofobia no espazo público (medios de comunicación, institucións, políticas...) e na colección Homo. Faise unha crónica das actividades do 28 de xuño, co lema “No armario non se entende”. Comeza, coa letra A, o dicionario onomástico “Lesbianísimas”. Péchase cunha sección de cultura. Na contraportada aparece unha guía de colectivos gai e lésbicos de Galicia.