RESUMO

Enboga
n. 2 ( 3/ 2000)

Inclúe un especial “Lesbianas e sida” co gallo do 1 de decembro, facendo fincapé nos datos e o impacto da enfermidade nas lesbianas e nas mulleres.
Faise unha valoración dos dous anos do colectivo BOGA, infórmase da creación de espazos lúdicos só para lesbianas e dunha xuntanza de asociacións de Galicia e Portugal. Recolle denuncias por lesbofobia e homofobia no mundo, critícase o uso político da nova Plataforma Popular Gai e coméntase a aprobación da Lei de parellas en Francia. Aparecen a segunda entrega do dicionario “Lesbianísimas”, a sección de cultura e mais a guía de colectivos gai e lésbicos, que se complementa cunha escolma de recursos web lésbicos.