RESUMO

Enboga
n. 4 ( 6/ 2001)

O especial está dedicado á adopción e as novidades legais sobre parellas. Comunícase o novo nome do colectivo, que pasa a ser BOGA-Mulleres Lésbicas e Bisexuais da Galiza e o apoio á Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial de Mulleres. Falan dun encontro dos colectivos lésbicos e gais galegos. Inclúe a letra D de “Lesbianísimas” e as habituais seccións de cultura e listaxe de colectivos en Galicia.