RESUMO

as + perralheiras
( 2005)

Ábrese cun editorial sobre as MBP, onde se describe o grupo e sublíñase o seu carácter festivo, aberto, informal, precario e dinámico do grupo. Aparecen artigos e notas sobre o matrimonio, a campaña antimilitarista, a promoción da apostasía e crónica do concerto de Astrud. Inclúe unha entrevista a Lucía Aldao, unha enquisa petarda e un marihoróscopo. Dáse conta das actividades das MBP nas denominadas crónicas rosas e na reportaxe fotográfica, e complétase con críticas de cine e unha sección de revista de prensa para denunciar a homofobia e a queerfobia. Na contraportada recóllese unha cita da DJ Gloria Viagra: “Solo la revolución os pone + guapos”.