RESUMO

as + perralheiras
n. 1 ( 6/ 2005)

O editorial-manifesto defende o carácter postidentitario e dinámico das MBP. Recolle declaracións homófobas de integrantes do Partido Popular e o Papa Bieito XVI, e mais unha campaña contra o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez. Os artigos critican a corrección política na linguaxe e defenden o antimilitarismo. Inclúe unha entrevista a Susana Paspalhás e un texto de Del Lagrace Volcano. Complétase coas habituais seccións de enquisa, crítica de cine, crónicas rosas e reportaxe fotográfica das actividades das MBP. A portada é unha variación da foto de Tracey Emin, I've Got It All, elixida para anunciar a exposición Trans Sexual Express, que se realizou en 2012, censurada polo Concello da Coruña. A contraportada recolle unha acción co lema “Frente à homofobia e o patriotismo pailán, MBP propón a bandeira multicolor da diversidade”