RESUMO

as + perralheiras
n. 2 ( 10/ 2005)

O editorial-manifesto e a portada teñen como motivo “Somos lixo”, unha referencia aos suxeitos residuais en Pacoland (alusión a Francisco Vázquez). A contraportada abunda na definición do suxeito cyborg a partir dunha frase de Donna Haraway: “Prefiro ser umha cyborg que umha deusa”. En páxinas interiores, reprodúcese o «Manifesto Inmigrantes en Tránsito / Marruecos». Os artigos critican as posicións do Foro Español de la Familia, a precarización laboral en Galicia, a política de comercialización dos edificios públicos na Coruña, Chueca como gueto e o centro social autoxestionado Atreu! de Monte Alto. Ofrece o perfil da cantante Massiel e unha entrevista á compañía de circo Os Picaporte. Inclúe as habituais seccións de homofobia nos medios de comunicación, truquiños, cinefilia, crónicas rosas e reportaxe fotográfica da actividade das MBP.