RESUMO

as + perralheiras
n. 4 ( 8/ 2006)

O editorial-manifesto, a portada e a contraportada xiran arredor da subxectividade excéntrica e a actitude transgresora das MPB. Nos artigos trátase a queeruption, que se vai celebrar en Tel-Aviv, o Gai Beirut, a queerización do nacionalismo radical, a institucionalización do 28 de xuño e o precariado. Ofrécense os perfís do poeta Lois Pereiro, da cantante Raffaella Carrá, o activista queer basco Madelon e da teórica chicana Gloria Anzaldua, de quen se reproduce un texto. Inclúe unha entrevista a Queers Without Borders. Aparece a traducción dun artigo de Precarias a la Deriva (Laura Cortés e Gracia Trujillo) sobre política da diversidade sexual. A enquisa xira arredor do primeiro aniversario da revista e recóllense as actividades das MBP nas crónicas rosas e galería fotográfica.