RESUMO

Voces de Queempostela
n. 11 ( 3/ 1997)

Faise seguimento dos proxectos de Lei de parellas no Parlamento español e, no ámbito galego, da repercusión do informe sobre agresións homófobas elaborado polo CGC, así como a posición do colectivo ante as eleccións autonómicas. Infórmase dos contactos co colectivo de lesbianas e das medidas acordadas para aumentar o seu recoñecemento e visibilización na propia organización.