RESUMO

Voces de Queempostela
n. 19 ( 2/ 1998)

Infórmase da participación do CGC na tractorada das organizacións labregas de 14 de febreiro en Compostela e na manifestación a prol dos dereitos fundamentais da comunidade gai e lésbica de 28 de maio en Madrid. Dáse conta das accións realizadas contra as agresións homófobas e do reparto de preservativos en colaboración co Comité Cidadán Galego Anti-SIDA. Anúnciase que o anuario de estudos gais e lésbicos Fluxos está en proceso de edición.