RESUMO

Voces de Queempostela
n. 25 ( 9/ 1999)

Infórmase da manifestación organizada o 17 de setembro por Milhomes contra as agresións homófobas e denúnciase a negativa do Concello de Baiona a abrir o rexistro de parellas. O CGC crea un teléfono de atención. Coméntase a constitución da Plataforma Popular Gay no Estado español. Inclúe notas sobre o outing, os avances nos dereitos para a comunidade no mundo e o habitual listado de asociacións gais e lésbicas galegas.