RESUMO

A Nosa Terra
n. 27 ( 31/ 8/ 1978)

A primeira das grandes reportaxes do número, ilustrada coa fotografía de portada, analiza a delicada situación do sector pesqueiro galego tralo acordo entre o Goberno e os armadores da flota de arrastre, no marco da aplicación da zona económica exclusiva nas 200 millas. A outra, nas páxinas centrais, é unha crónica gráfica da celebración do 25 de xullo. Entre o resto de contidos destaca, na sección de novas galegas, unha compilación das diferentes posturas sindicais perante o conflito de Ascón; unha crónica sobre a situación política en Euskadi despois dos asasinatos dun policía e un garda civil e a morte de Juan Ajuriaguerra, dirixente do Partido Nacionalista Vasco (PNV); e, nas páxinas internacionais, unha análise da elección de Albino Luciani como o Papa Xoán Paulo I.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10,11]