RESUMO

A Nosa Terra
n. 28 ( 8/ 9/ 1978)

A Nosa Terra analiza na peza central deste número as difíciles circunstancias sociais e legais que enfrontan as mulleres que deciden abortar. O resto de contidos adiantados en portada refírense á contaminación do río Miño debido á falta de depuradoras en localidades como Lugo; á loita das e dos traballadores da limpeza de edificios públicos para lograr o primeiro convenio colectivo do sector; a unha entrevista ao empresario e filántropo Álvaro Gil Varela; e a unha crónica da situación política en Nicaragua despois de que a Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) tomara o Palacio Nacional de Managua.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 10]