RESUMO

A Nosa Terra
n. 29 ( 16/ 9/ 1978)

A reportaxe destacada en portada denuncia a regresión asistencial e a estigmatización social sofrida polas persoas con enfermidades mentais a partir dos testemuños de pacientes do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Outras das pezas destacadas en portada son unha análise da crise do grupo téxtil Regojo, con tres das súas empresas en suspensión de pagos; o relato, en primeira persoa, das condicións de explotación laboral sofridas pola tripulación galega de mercantes estranxeiros; un exame das negociacións entre o presidente exipcio Anwar el-Sadat e o primeiro ministro israelita Menachem Begin levadas a cabo en Camp David; e unha análise da xénese e evolución da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]