RESUMO

A Nosa Terra
n. 30 ( 23/ 9/ 1978)

Baixo o título "Franqueira: o rei do galiñeiro", a reportaxe central deste número analiza as orixes do imperio empresarial de Euloxio Gómez Franqueira, director de Caixa Rural e presidente de UTECO (Unión Territorial de Cooperativas del Campo). Xunto a esta peza, en portada tamén se destaca unha reportaxe que indaga na historia da propiedade de Cortegada co fin de contextualizar un proxecto de urbanización da illa e unha entrevista a Laxeiro. Ademais, entre os contidos das páxinas de internacional, saliéntase unha análise do movemento sociopolítico de oposición ao xa de Irán e un exame da situación de Nicaragua ante o avance da insurrección sandinista contra a ditadura de Anastasio Somoza e a progresiva internacionalización do conflito.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]