RESUMO

A Nosa Terra
n. 31 ( 1/ 10/ 1978)

A reportaxe central do número expón as posturas dos sectores financeiros e económicos, das centrais sindicais e das organizacións políticas galegas perante a posibilidade de que o Estado español se integre no Mercado Común Europeo. Outras das pezas destacadas nas páxinas dedicadas á actualidade de Galicia aluden á folga do sector madeireiro da provincia da Coruña, do que se ofrece un retrato a partir do testemuño de varios representantes sindicais; e ás protestas da veciñanza do Barco de Valdeorras trala morte dunha rapaza pola falta de recursos e persoal sanitario na comarca. Ademais, en portada tamén se resalta, no apartado de información estatal, a recuperación dos festextos tradicionais de La Mercè en Barcelona; e na sección de novas internacionais, o avivamento das tensións en Rodesia e Namibia.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]