RESUMO

A Nosa Terra
n. 32 ( 6/ 10/ 1978)

Neste número A Nosa Terra centra boa parte da súa atención sobre distintos proxectos que ameazan a conservación dos espazos naturais galegos: as páxinas de apertura alertan da ameaza de destrución do ecosistema da lagoa de Valdoviño e dos terreos circundantes trala súa compra por capital privado e as centrais dedícanse a unha reportaxe que denuncia o desleixo institucional e a trama de intereses económicos que alimentan a queima dos montes. Outros dos contidos relevantes son un retrato das características tradicionais da celebración do San Froilán en Lugo; unha análise da actualidade política do Estado a poucas semanas de que se inicie a campaña electoral do referendo para ratificación da Constitución; e unha tribuna na que se ofrece un achegamento ao dereito hereditario co fin de facilitar a comprensión dos principios que rexen un testamento.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]