RESUMO

A Nosa Terra
n. 33 ( 13/ 10/ 1978)

Baixo o título "Historia dun paseo", o semanario publica a primeira parte da reportaxe na que Germán López González relata, en primeira persoa, como sobreviviu a dous intentos de fusilamento, catros anos de clandestinidade e un ano encarcerado tralo golpe de Estado de 1936. Ademais, neste número retrátase a vida da emigración galega asentada en Masustegui, barrio obreiro de Bilbo; inclúese unha reportaxe gráfica sobre a recollida de berberecho na ría de Noia; ofrécese unha crónica das mobilizacións da cidadanía vasca contra o plan de lberduero de instalar unha serie de centrais nucleares en Euskadi; e analízanse as consecuencias, especialmente para o pobo palestino, dos acordos de Camp David entre Estados Unidos, Israel e Exipto.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]