RESUMO

A Nosa Terra
n. 36 ( 3/ 11/ 1978)

Na reportaxe destacada en portada, protagonista das páxinas centrais do número, relátase a folga que durante un mes protagonizaron traballadores galegos da plataforma petrolífera Statfjord, en augas noruegas do mar do Norte. Entre o resto de contidos destacados nos titulares de apertura están un balance do impacto en Galicia dos Pactos da Moncloa un ano despois da súa aprobación; o relato do acontecido no xuízo no que varios reclusos da cadea da Coruña e membros da Coordinadora de Presos en Loita (COPEL) se autolesionaron para denunciar a súa situación penal; e unha análise do clima político en Euskadi despois das manifestacións convocadas polo Partido Nacionalista Vasco (PNV), por unha banda, e Herri Batasuna (HB), Xestoras Pro-Aministía e ETA-militar, pola outra.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]