RESUMO

A Nosa Terra
n. 37 ( 10/ 11/ 1978)

Este número ofrece, nunha das súas principais pezas, un retrato histórico e sociolóxico do consumo de drogas en Galicia. No resto de contidos resaltados en portada abórdase a xénese e evolución do conflito laboral da empresa Corfi ante a negociación dun novo convenio colectivo; analízase a política gobernamental respecto da vivenda de protección oficial; ofrécese un retrato da rede galega de persoas radioafeccionadas; e analízase o hermetismo informativo arredor do paradoiro de Huari Bumedian, presidente do Consello da Revolución arxelino.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]