RESUMO

A Nosa Terra
n. 38 ( 17/ 11/ 1978)

As páxinas centrais deste número denuncian a situación dos cárceres en Galicia a partir da historia penal do ex preso Roberto Óscar Velo González, protagonista da fotografía de portada. Outros contidos relevantes céntranse na análise dos 25 anos de existencia do matadoiro de FRIGSA-Carcesa en Lugo no contexto do seu posible traslado e recalificación dos terreos sobre os que está instalado; na denuncia do estado de abandono do castro de Santa Tegra na Guarda; e nunha entrevista a Miguel Anxo González Suárez, porteiro do Real Madrid e da selección española de fútbol.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: a 11]