RESUMO

A Nosa Terra
n. 39 ( 24/ 11/ 1978)

A reportaxe central do número, ilustrada cunha fotografía a toda páxina na portada, recolle a valoración dos distintos partidos con actividade política no país sobre o significado que pode ter para Galicia o novo texto constitucional. Entre o resto de pezas, o semanario destaca a titulada "As ratas gobernan Santiago", na que denuncia os "200.000 leiróns" presentes na capital galega pola falla de plans de saneamento e urbanismo "racionais"; a crónica da campaña do Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG) a favor do "non" no referendo para a ratificación da Constitución; e a entrevista ao músico e compositor Rogelio Groba Groba.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 6, 15]