RESUMO

A Nosa Terra
n. 42 ( 15/ 12/ 1978)

Baixo o título "Nós, os delincuentes xuvenís", a reportaxe central deste número presenta as historias de vida de mozos empuxados, por distintas circunstancias, a cometer delitos, co fin de ofrecer un retrato socioeconómico da delincuencia xuvenil. Entre o resto de contidos destaca unha peza sobre o despoboamento galego; unha reportaxe gráfica sobre os danos causados por un "furacán" que atravesou Galicia; unha pequena análise dos resultados do referendo constitucional en Euskadi; e a primeira de cinco entregas dun estudo sobre as abellas realizado por Xosé Sequeiros Sestelo, publicada na contraportada.
[Obs. Páxinas mal escaneadas: 10, 11]